Gulag
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gulag ou GULAG (en ruso Главное управление исправительно-трудовых лагерей и колоний, ГУЛАГ; Glávnoie upravlenie ispravítelno-trudovyj lageréi i koloniy), escoitar (axuda · info), Dirección Xeral de Campos de Traballo) era a rama do NKVD que dirixía o sistema penal de campos de traballos forzados e moitas outras funcións de policía na Unión Soviética.
A pesar de que este sistema albergaba tamén a criminais de todo tipo, o GULAG é coñecido principalmente tamén por acoller a prisioneiros que poderían selo por cuestións políticas (antigos ministros, sacerdotes, cidadáns deportados...) e como un mecanismo de represión á suposta oposición ao Estado Comunista. Non obstante, ao non existir unha categoría específica de presos "políticos", estes tiñan que soportar unha dobre presión tanto por parte dos carceleiros coma dos delincuentes comúns.
Literalmente, «GULAG» é un acrónimo para denominar á Dirección Xeral de Campos de Traballo, pero co tempo, e segundo a escritora Anne Applebaum no seu libro Gulag: A history:
a palabra Gulag tende a denominar ademais non só á administración dos campos de concentración, se non tamén ao sistema soviético de traballos forzados en si mesmo, en tódalas súas formas e variedades: campos de traballo, de castigo, de criminais e políticos, de mulleres, de nenos ou de tránsito. Ou incluso máis, os prisioneiros nalgunha ocasión chamárono triturador de carne: as detencións, os interrogatorios, o transporte en vehículos de gando, o traballo forzoso, a destrución de familias, os anos perdidos no exilio, as mortes prematuras e innecesarias.[1]
Inda que a encarcelación de millóns de individuos foi reportada por fontes contemporáneas, o nome de Gulag fíxose coñecido en Occidente unicamente trala publicación en 1973 de Архипелаг ГУЛАГ, de Alexander Solzhenitsin, que comparou os dispersos campos cunha serie de illas e lagos.