![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/War_on_Terror_montage1.png/640px-War_on_Terror_montage1.png&w=640&q=50)
Guerra contra o terrorismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Guerra contra o terrorismo (en inglés: War on Terror, WoT), é unha campaña militar internacional dirixida polos Estados Unidos de América e o Reino Unido co apoio dos membros da OTAN e outros países, que comezou despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos.[1] O presidente George W. Bush empregou por vez primeira o termo "War on Terror" o 20 de setembro de 2001.[1] A administración de Bush e os medios occidentais empregaron o termo dende entón para facer referencia ó conflito militar, político, legal e conceptual contra organizacións terroristas e réximes acusados de apoialas. Orixinalmente, foi empregado con especial atención nos países asociados con organizacións de terrorismo islámico como al-Qaeda.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/War_on_Terror_montage1.png/640px-War_on_Terror_montage1.png)
No 2013, o presidente Barack Obama anunciou que os Estados Unidos non continuarían coa guerra, centrándose en inimigos específicos, máis que seguindo unha táctica.[2]