![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Angola_unita.png/640px-Angola_unita.png&w=640&q=50)
Guerra civil angolana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra civil angolana, iniciada o 11 de novembro de 1975 e rematada o 4 de abril de 2002, foi o conflito armado máis longo de África, e un dos máis longos condicionados polo contexto da guerra fría.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Angola_unita.png/320px-Angola_unita.png)
Librouse como unha escalada da guerra da Independencia de Angola, de 1961 a 1974, que enfrontou a varios movementos angolanos antagonistas, e aos sus respectivos aliados, pero acabou de maneira inmediata no proceso de descolonización, de 1974 a 1975, que agudizou e amplificou o conflito.
O conflito de Angola enfrontou ao goberno do MPLA e aos seus aliados, Cuba e a SWAPO, que loitaba pola independencia de Namibia, contra a UNITA, a FNLA, Suráfrica e Zaire. Os primeiros recibiron apoio de asesores e material soviético, e os segundos asesores e material dos Estados Unidos e de Israel, ademais de mercenarios occidentais.
A contenda comezou polo rexeitamento do MPLA e da FNLA a compartiren o poder, arrastrando logo á UNITA, pero perpetuouse polo apoio internacional a cada un de ambos os bandos, e retomou na súa segunda fase —despois da retirada cubana— pola negativa de Jonás Savimbi a aceptar os resultados electorais de 1992. A guerra terminou só tras da morte deste, deixando polo menos 3 500 mortos, catro millóns de refuxiados e uns 100 000 mutilados, especialmente polas minas antipersoa.[1]