From Wikipedia, the free encyclopedia
O grévol, Tetrastes bonasia, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que compoñen o xénero Tetrastes, propia dos bosques temperados e boreais de Europa e Asia.
Grévol Tetrastes bonasia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante [1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Tetrastes bonasia (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Área de distribución do grévol | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
|
A especie foi definida en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Bonasia bonasia.
Tradicionalmente era clasificado dentro do xénero, hoxe monotípico, Bonasa,[3] pero na actualidade sitúase en Tetrastes pola maioría das autoridades taxonómicas.[2][4][5][6]
Distínguense numerosas subespecies:[6][3][7]
Ten aproximadamente o tamaño dunha perdiz: uns 35–36 cm de longo, e unha envergadura de ás duns 60 cm. A cor da plumaxe vai do gris ó castaño avermellado na parte superior, cun deseño branco e negro na parte inferior. O debuxo branco e negro aumenta cara á gorxa e alí toma un ton castaño vermello. A cola é relativamente longa e lixeiramente arredondada. Cando están excitados poden erguer as plumas da cabeza nun moño característico. A diferenza das femias, os machos amosan na época reprodutora unha mancha negra na gorxa.
Vive en áreas de bosque da taiga asiática e europea, pero tamén en bosques de folla caduca de Eurasia. A ausencia de zonas boscosas non explotadas polo ser humano, pon en perigo as súas poboacións. En Centroeuropa aparece ata ós Alpes, as Ardenas, Lorena, os Vosgos, a zona francesa do Xura, e nos montes Cárpatos. Hai en marcha proxectos para a súa reintroducción en zonas nas que habitou no pasado.
Son aves monógamas e territoriais. O cortexo ten lugar no outono; daquela fórmanse as parellas que poden continuar xuntas despois do inverno, aínda que o macho, fóra da fecundación, non ten un rol importante na cría dos polos. Fan os niños no chan, ben agochados: entre pedras ou rocas, ao pé dunha árbore ou debaixo de árbores caídas, de xeito que estean ben protexidos dos depredadores, pero tamén da neve e a choiva. O niño mide uns 20 cm de diámetro. As femias poñen 4 ou 5 ovos nun período de 10 a 14 días. Chocan só as femias, que non comezan a fecelo até que a posta está completa. Cando se afasta do niño para alimentarse, a femia adoita tapar os ovos con follas secas para mantelos quentes. Os pitos rompen a casca despois dunha incubación duns 25 días.
Os polos abandonan o niño deseguida, e comezan tamén moi axiña a moverse con axilidade pola contorna, procurando insectos. Na segunda semana de vida a súa dieta faise case exclusivamente vexetal. A femia permanece sempre preto dos polos durante os primeiros días, e durante todo o verán condúceos a lugares onde poden atopar alimentación abundante: ao principio a zonas de vexetación relativamente baixa á beira de bosques ou prados, máis tarde a áreas onde poidan atopar bagas. No outono, as familias sepáranse.
Varía ó longo do ano. Os insectos son unha parte importante da alimentación dos polos. Os adultos comen, dependendo da estación, herbas, follas, abrochos e bagas.
Segundo datos da ONG SEO Birdlife, hai máis de 45 anos que non se realizou ningunha observación do grévol en territorio español. A ave, que adoita vivir en bosques maduros e densos, encóntrase na lista oficial de especies extinguidas en España. A presión demográfica nos Pireneos a principios do século XX parece ser unha das causas da súa extinción nesa cordilleira. Unha iniciativa conxunta entre España, Francia e Andorra pretende reintroducir esta especie, ao longo do ano 2018, nos seus antigos hábitats naturais. Segundo informa Europa Press, a solta dos primeiros exemplares comezou no val de Arán, onde un equipo de técnicos franceses da Oficina Nacional da Caza deron comezo aos traballos de captura de exemplares no Parque Natural de Vercors. Non serán estes os únicos espécimes en trasladarse aoos Pireneos. Segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a campaña de capturas manterase nas próximas semanas co obxectivo de liberar varios exemplares antes de que finalice o outono. Esta medida permitirá gradualmente a recuperación da especie e incrementará a biodiversidade do macizo pirenaico.[8]
O grévol foi e é unha peza de caza habitual nos territorios nos que abunda. A primeiros do século XX vendíanse nos mercados rusos uns cinco millóns de exemplares ao ano. Aínda hoxe é unha das pezas favoritas dos cazadores rusos. O poeta ruso Valdimir Maiakovskij escribiu no seu poema a Lenin: Comede ananases, disfrutade do grévol: Achégase o voso último día, burgueses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.