Grupo Caamaño
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Grupo Caamaño é unha empresa galega con sede no concello de Culleredo adicada ao sector da transformación do metal, carpintaría metálica e vidro para fachadas.
Grupo Caamaño | |
---|---|
Sede de Caamaño en Alvedro, Culleredo. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | anos 1980 |
Matriz | Grupo Caamaño |
Localización | Rúa San Fernando, 44 - A, CP: 15180 Culleredo |
Fundador | José Caamaño e Emilio Mahía |
Industria | Metal |
Beneficio | 194 milllóns de € (en 2016, en todo o grupo)[1] |
Número de empregados | 1000[2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A empresa ten as súas orixes nos anos 80, cando foi fundada por José Caamaño e Emilio Mahía.[3][4] Comezou a traballar para Inditex e as súas marcas facendo instalacións en tendas e centros comerciais como contratista de GOA Invest. Actualmente a empresa ten unha superficie de 60.791 metros cadrados preto da N-550 e do Aeroporto de Alvedro e conta con filiales en varios países, facturando máis de 200 millóns de euros ao ano.[5]
En 2019 o grupo vasco Kider converteuse no accionista maioritario do grupo.[3][6]
Co tempo a empresa foi expandindo o seu mercado e agora forman parte dela empresas adicadas a distintos sectores relacionados coa construción e non só traballando para Inditex, en total máis de 50 empresas.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.