From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio Javier Monreal Zia, nado en Etayo, 1942 é un político e xurista vasco de ideoloxía nacionalista vasca.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1942 (82 anos) Etayo, España |
Rector of the University of the Basque Country (en) | |
1981 – 1985 – Emilio Barberá Gillem (en) → | |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Circunscrición electoral: Gipuzkoa (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Donostia Pamplona |
Ocupación | político, profesor universitario, xurista, escritor |
Empregador | Universidade do País Vasco Universidade Pública de Navarra |
Partido político | Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra |
Membro de | |
Premios | |
| |
Licenciado en Dereito e Diplomado en Economía pola Universidade de Deusto (1966) e Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid (1973), é catedrático de Historia do Dereito na Universidade do País Vasco (1978-1995) e, dende 1995, catedrático de Historia do Dereito na Universidade Pública de Navarra. Foi profesor convidado na Universidade de California en Berkeley e na Universidade París XII, actualmente Université Paris-Est Créteil Val-de-Marne.
É membro de Jakiunde (Academia das Ciencias, das Artes e das Letras) e membro de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, da Société d'Histoire du Droit e da Association Française des Historiens des Idées Politiques. É tamén membro do consello de redacción do Anuario de Historia do Dereito Español e dirixe na actualidade (2013) a revista de Historia do Dereito Iura Vasconiae.
Tamén foi vicerreitor do campus de Biscaia da Universidade do País Vasco (1979-80), reitor da Universidade do País Vasco entre 1981 e 1985, presidente da Sociedade de Estudos Vascos entre 1991 e 1996, director da Revista Internacional de Estudos Vascos (RIEV) entre 1997 e 2005 e director científico da Fundación para o estudo do Dereito histórico e autonómico de Vasconia[1] entre 2003 e 2010. Foi o primeiro nomeado para ocupar a cátedra William Douglass da Universidade de Reno (Nevada) en 2005-2006.
En 1976 foi un dos fundadores do partido nacionalista vasco de esquerdas Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra (ESEI) (Forza para a Unidade dos Socialistas Vascos). ESEI integrouse na Fronte Autonómica ás eleccións xerais de 1977. Monreal, candidato da coalición ao Senado por Guipúscoa, obtivo acta de senador. Como parlamentario dunha das circunscricións vascas participou nos relatorios que redactaron o Estatuto de Guernica en 1979. Foi viceconselleiro de Universidades e Investigación do Goberno Vasco en 1991.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.