pintor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1742 Lamas, España |
Morte | 23 de xaneiro de 1812 (69 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Profesores | Anton Raphael Mengs (pt) |
Alumnos | José de Madrazo |
Lingua | Lingua castelá |
Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.
Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servente, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.
Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.
Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.
En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Ferro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.