Grandes Lagos Africanos
serie de lagos no val do Rift From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Grandes Lagos Africanos son lagos de orixe tectónica, localizados na África oriental, que inclúen algúns dos lagos máis profundos do mundo. A maior parte destes lagos foi formada hai preto de 35 millóns de anos no Gran Val do Rift Occidental, un dos sectores desta formación xeolóxica que abrangue a Etiopía, Kenya, Tanzania, Uganda, Ruanda, Burundi, Malawi e Mozambique.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Grandes Lagos.
Son os seguintes os Grandes Lagos Africanos (de sur para norte):
- Lago Niassa, compartido por Mozambique, Malawi e Tanzania;
- Lago Tanganica, que fai a fronteira entre a República Democrática do Congo, a Tanzania e o Burundi;
- Lago Kivu, que separa Ruanda do Congo;
- Lago Eduardo e Lago Alberte, que separan Uganda do Congo;
- Lago Vitoria, que é o maior de todos, encóntrase entre os dous sectores (oriental e occidental do Val do Rift) e é compartido por Kenya, Uganda e Tanzania; e
- Lago Turkana, en Kenya, que é o único grande lago africano no sector oriental do Val do Rift.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.