![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Gran_Atractor.jpg/640px-Gran_Atractor.jpg&w=640&q=50)
Grande Atractor
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grande Atractor é unha anomalía gravitatoria que se encontra no espazo intergaláctico no centro do proposto Supercúmulo Laniakea, que indica a existencia dunha concentración de masa localizada que é decenas de miles de veces máis masiva que a Vía Láctea. Esta masa é observable polo seu efecto no movemento das galaxias e os seus cúmulos asociados nunha rexión de centos de millóns de anos luz de lonxitude. O Grande Atractor está movéndose cara ao Supercúmulo de Shapley.[1] Recentes estudos astronómicos revelaron a existencia dun novo supercúmulo de galaxias, denominado Supercúmulo de Vega, na localización onde teoricamente debería estar o Gande Atractor[2].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/2MASS_LSS_chart-NEW_Nasa.jpg/640px-2MASS_LSS_chart-NEW_Nasa.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Gran_Atractor.jpg/640px-Gran_Atractor.jpg)
Estas galaxias presentan todas desprazamento ao vermello, de acordo co fluxo de Hubble, o que indica que están afastándose de nós e unhas doutras, mais as variacións no seu desprazamento ao vermello son suficientes para revelar a existencia dunha anomalía. As variacións nos seus desprazamentos ao vermello son coñecidas como velocidades peculiares, e cobren un rango duns +700 km/s a −700 km/s, dependendo da desviación angular con respecto á dirección do Grande Atractor.