![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Silverstone_Circuit_1997_to_1998.png/640px-Silverstone_Circuit_1997_to_1998.png&w=640&q=50)
Gran Premio do Reino Unido de 1998
competición automobilística de Fórmula 1 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do Reino Unido de 1998 (oficialmente o LI RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de xullo de 1998 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de 1998. A carreira de 60 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari tras comezar desde a segunda posición. Mika Häkkinen, que comezou desde a pole position, terminou segundo con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a cuarta da tempada, e a súa terceira vitoria consecutiva logo de gañar no Canadá e no Gran Premio de Francia, pero foi baixo circunstancias controvertidas, evitou un stop-and-go ao ingresar no pit lane para facelo na última volta, cruzando a liña de chegada no pit lane para gañar a carreira antes de chegar ao seu box, aínda que a penalozacoón foi posteriormente rescindida.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998. | ||
![]() Trazado do circuíto de Silverstone de 1997 | ||
Data | 12 de xullo de 1998 | |
Nome oficial | LI British Grand Prix | |
Localización | Circuíto de Silverstone, Silverstone, Reino Unido | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´140 km | |
Distancia | 60 voltas, 308´400 km | |
Clima | Chuvia, pista mollada | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:23.271 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:35.704 na volta 12 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
McLaren-Mercedes |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |