![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Istanbul_park.svg/langgl-640px-Istanbul_park.svg.png&w=640&q=50)
Gran Premio de Turquía
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Turquía (turco: Türkiye Grand Prix'si) é unha carreira de automobilismo de velocidade válida para o campionato mundial de Fórmula 1, que se disputou por primeira vez o 21 de agosto de 2005 en Istambul, Turquía. Para este gran premio construíuse un novo circuíto, deseñado por Hermann Tilke, o Circuíto de Istambul na parte asiática de Istambul, cunha lonxitude de 5´340 m e un trazado que comprende seis curvas á dereita e oito á esquerda. O circuíto córrese en sentido contrario ás agullas do reloxo; sendo o único circuíto, xunto co de Interlagos, no que se dá tal circunstancia. A carreira formou parte do Campionato Mundial de Fórmula Un entre 2005 e 2011, e 2020 a 2021, este último dous débense á Pandemia de COVID-19. Felipe Massa e Ferrari son o piloto e o construtor máis exitosos respectivamente, ao gañar a carreira tres veces cada un.
Tipo | evento deportivo recorrente ![]() |
---|---|
Deporte | deportes de motor ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Istambul (Tuzla (pt) ![]() |
Lonxitude | 5,338 km ![]() |
País | Turquía ![]() |
Vixencia | 2005 – 2021 ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |