![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Spa-Francorchamps_of_Belgium.svg/langgl-640px-Spa-Francorchamps_of_Belgium.svg.png&w=640&q=50)
Gran Premio de Bélxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Bélxica (en neerlandés:Grote Prijs van België, francés:Grand Prix de Belgique, alemán:Großer Preis von Belgien) é unha carreira automobilística, que forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Tipo | evento deportivo recorrente ![]() |
---|---|
Deporte | Fórmula 1 e competición de Fórmula 1 ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L |
Lonxitude | 7,003 km ![]() |
País | Bélxica ![]() |
Vixencia | 1925 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | spagrandprix.com ![]() |
A primeira carreira nacional de Bélxica celebrouse en 1925 no circuíto da rexión de Spa, unha área do país que foi asociada co deporte do motor desde os primeiros anos das carreiras. Para dar cabida ao Gran Premio de automobilismo, o Circuíto de Spa-Francorchamps foi construído en 1921, pero só se utilizaba para as carreiras de motos ata 1924. Tras o éxito de 1923 das 24 Horas de Le Mans en Francia, unha carreira similar de 24 horas de resistencia, organizouse no circuíto de Spa, as 24 Horas de Spa.
Aos pilotos e aos afeccionados encántalles o Gran Premio de Bélxica. Desde a súa creación, Spa-Francorchamps foi famoso polo seu clima impredicible. Houbo un momento na súa historia en que choveu no Gran Premio de Bélxica durante vinte anos seguidos. Con frecuencia os pilotos fan fronte a unha parte do trazado que é clara e brillante, mentres que outro tramo é de choivas e esvaradío. A maioría dos pilotos din que o trazado de Spa é o circuíto máis desafiante que queda no calendario da F1.
O Gran Premio de Bélxica foi designado como Gran Premio de Europa seis veces entre 1925 e 1973, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa.