Gran Cordilleira Divisoria
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gran Cordilleira Divisoria (en inglés: Great Dividing Range) é a cadea de montañas máis importante de Australia. Esténdese por máis de 3500 km, dende o extremo nordés de Queensland, ao longo de toda a costa oriental atravesando Nova Gales do Sur, e o estado de Victoria máis ao sur, ata o extremo sur do continente, onde torce cara ao oeste e finaliza na inmensa planicie central nos montes Grampianos, en Victoria.
O punto máis elevado na Australia continental é o Monte Kosciuszko (2228 m), e todas as outras zonas alpinas do país australiano forman parte desta cordilleira. As zonas máis altas, na zona sur de Nova Gales do Sur e o leste de Victoria, son chamadas os Alpes australianos.[1]