Gran Buda de Leshan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Buda de Leshan (en chinés: 乐山大佛) é unha estatua de pedra de 71 m de alto construída durante a dinastía Tang. Está esculpida no cantil que se atopa na confluencia dos ríos Min, Dadu e Qingyi, ao sur da provincia chinesa de Sichuan, preto da cidade de Leshan.
Datos rápidos Paisaxe panorámica do Monte Emei, incluíndo a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Paisaxe panorámica do Monte Emei, incluíndo a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan | |
---|---|
Vista da estatua. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 29°32′50″N 103°46′09″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iv, vi, x) |
Inscrición | 1996 (sesión XX) |
Rexión da UNESCO | Asia e Oceanía |
Identificador | 779 |
Pechar
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Trátase da meirande estatua de pedra do mundo.[1] Tamén é a maior estatua do mundo que se conserva e que foi construída antes da Idade Moderna. Tanto a paisaxe panorámica do Monte Emei como a paisaxe panorámica do Gran Buda de Leshan foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.