![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/Graffiti_2003_ubt.jpg/640px-Graffiti_2003_ubt.jpg&w=640&q=50)
Graffiti
mural realizado na vía pública / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti, que vén do verbo graffire) a varias formas de expresión artística, realizadas principalmente sobre mobiliario urbano, buscando a maior difusión pública da peza, e xeralmente utilizando a técnica denominada Bombing, consistente na utilización de pintura en spray para levar a cabo as obras.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/Graffiti_2003_ubt.jpg/320px-Graffiti_2003_ubt.jpg)
Na linguaxe común, o graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o Graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control.
O pintor estadounidense Keith Haring (1958-1990) acadou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York na década de 1980. O lado occidental do Muro de Berlín estivo totalmente cuberto de pintadas, nunha clara expresión de reivindicación política contra o Muro.