músico británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Gordon Moakes, nado en Newport Pagnell o 22 de xuño de 1976, é un multi-intrumentista inglés, coñecido por ser o baixista da banda de indie rock inglesa Bloc Party. De metade a finais dos anos 90, Gordon creou e editou o fanzine Conform or Die.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gordon Peter Moakes 22 de xuño de 1976 (48 anos) Newport Pagnell, Reino Unido (pt) |
Educación | Ousedale School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións |
Período de actividade | 2002 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock e Post-rock |
Instrumento | Baixo, guitarra e baixo |
Moakes converteuse en membro de Bloc Party despois de contestar a un anuncio que lera na revista NME, posto alí por Kele Okereke e Russell Lissack na procura dun baixista para a súa banda. A pesar de non ser baixista, Lissack díxolle no seu primeiro ensaio que Moakes fora o único músico que fixera as audicións que fora capaz de tocar a liña de baixo para o tema que Okereke e Lissack elixiran para as probas. Moakes, Lissack e Okereke formaron a primeira encarnación de Bloc Party en 2002, co nome The Angel Range, e fixeron algunhas actuacións en Londres. Moakes tamén puxo en marcha e encargouse da páxina web da banda neses tempos.
Parte das primeiras letras da banda foron co-creadas por Moakes e Okereke, notándose a súa participación nas de temática máis política.
Moakes tocou máis instrumemtos no segundo álbum da banda, A Weekend in the City, interpretando a batería en "Sunday" e o glockenspiel en "Waiting For the 7.18" e "SRXT".
Durante xullo e agosto do 2008, Moakes non saíu de xira con Bloc Party debido a que a súa muller estaba a piques de dar a luz, polo que a banda se buscou un substituto para ese tempo.
Moakes traballou tamén coa banda yourcodenameis:milo, na canción "Wait a Minute" do seu álbum Print Is Dead Vol 1. "Wait a Minute" sería editada como sinxelo de 7" nunha edición limitada o 4 de outubro do 2006. Moakes deseñou a portada do mesmo.
No mes de decembro do 2009, Moakes, Paul Mullen (vocalista e guitarrista de The Automatic) e William Bowerman (batería de La Roux) traballaron xuntos no estudio nun novo proxecto paralelo, cando Bloc Party estaba en hiato e The Automatic e La Roux inactivos polas datas de Nadal. En xaneiro do 2010 o grupo revelou o seu nome, Young Legionnaire, e realizou o seu primeiro concerto a finais de mes en Londres.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.