Google Play
plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android / From Wikipedia, the free encyclopedia
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir[1] dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Google Play | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | |
Publicación inicial | 22 de outubro de 2008 |
Última versión | 20.9.10 (9 de xullo de 2020; hai 3 anos (2020-07-09)) |
Estado de desenvolvemento | Con soporte. |
Sistema operativo | Android. |
Plataforma/s | Android, Android TV, Wear OS, Chrome OS, Web. |
Lingua/s | Varias. Galego: |
Licenza | Propietaria. |
Sitio web | play |
As aplicacións atópanse dispoñibles de balde, así como tamén previo pago. Poden ser descargadas directamente dende un dispositivo con Android a través da aplicación móbil Play Store. É posible así mesmo instalar as aplicacións directamente e sen necesidade dunha computadora, en dispositivos con sistema operativo BlackBerry 10.[2]
En marzo de 2012, coa fusión de Android Market con Google Music, o servizo foi renomeado como Google Play, como resultado da nova estratexia de distribución dixital de Google. En xullo do 2013, anunciouse que Google Play excedera o millón de aplicacións publicadas e que se contabilizaran máis de 50 mil millóns de descargas.