Gone Baby Gone
filme de 2007 dirixido por Ben Affleck / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gone Baby Gone é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Ben Affleck, no seu debut como director. Affleck escribiu o guión xunto con Aaron Stockard e baséase na novela homónima de 1998 de Dennis Lehane. Está protagonizado por Casey Affleck e Michelle Monaghan no papel de dous investigadores privados de Boston na procura dunha nena secuestrada do seu apartamento. O resto do elenco está composto por Morgan Freeman, Ed Harris e Amy Ryan. Foi o derradeiro filme estreado por The Ladd Company antes do seu peche.
Gone Baby Gone | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gone Baby Gone |
Director | Ben Affleck |
Produtor | Sean Bailey Alan Ladd Jr. Danton Rissner |
Guión | Ben Affleck Aaron Stockard |
Baseado en | Gone, Baby, Gone de Dennis Lehane |
Intérpretes | Casey Affleck Michelle Monaghan Morgan Freeman Ed Harris John Ashton Amy Ryan Amy Madigan Titus Welliver |
Música | Harry Gregson-Williams |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | William Goldenberg |
Estudio | Miramax Films The Ladd Company |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 19 de outubro de 2007 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Crime e suspense |
Orzamento | 19 millóns de dólares |
Recadación | 34,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/gone-baby-gone | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse nos cinemas o 19 de outubro de 2007, tivo unha boa acollida por parte da crítica e recadou 34 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de produción de 19 millóns. Ben Affleck foi eloxiado pola crítica no seu debut como director, e Amy Ryan recibiu un nomeamento ó Óscar á mellor actriz secundaria.