Golfo da Guinea
From Wikipedia, the free encyclopedia
O golfo da Guinea é parte do suroeste Atlántico de África. A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente como Alta Guinea. A costa occidental da parte máis ao sur de África, é historicamente, a Baixa Guinea. Hoxe, o nome da Guinea só se mantén nos nomes de tres países: Guinea, Guinea-Bisau e Guinea Ecuatorial. E nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de bananas, o que demostra a orixe africana do termo.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Golfo da Guinea | |
---|---|
Golfo de Bonny | |
Localización administrativa | |
Estado | Liberia Costa do Marfil Ghana Benín Togo Nixeria Camerún Guinea Ecuatorial Gabón San Tomé e Príncipe |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | África |
Xeografía | |
Illas interiores | Bioko (2017 km²) e Annobón (17 km²) (GNQ) San Tomé e Príncipe (STP) |
Afluentes | Níxer (4184 km), Volta (1500 km), Komoé (759 km), Sassandra (650 km), Cavalla (515 km), Cross (489 km) e Mono (467 km) |
Cidades ribeiregas | San Pedro e Abidjan (COS) Sekondi-Takoradi, Saltpond e Accra (GHA) Lomé e Aného (TOG) Cotonou (BEN) Lagos, Oron e Calabar (NIG) Limbe e Douala (CAM) Malabo e Bata (GNQ) Libreville e Port Gentil (GAB) Santo Tomé, Porto Alegre (STP) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Benín e golfo de Biafra |
Cabos | Cabo Palmas (LBR) e cabo López (GAB) |
Características | |
Mapa | |
Vista do golfo da Guinea (cos golfos interiores de Biafra e Benín). | |
Pechar
No golfo da Guinea desembocan os ríos Níxer, Volta, Congo e Cross. A costa do golfo inclúe o golfo de Benín e o Golfo de Biafra.