falantes das linguas célticas gaélicas From Wikipedia, the free encyclopedia
Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos, por Goídel Glas) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1]
O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.
As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.
Na súa épica nacional contida en obras medievais como o Lebor Gabála Érenn, os gaels remontan a súa orixe a un antepasado homónimo chamado Catelo ou Goídel Glas. É descrito como un príncipe escita (neto de Fénius Farsaid e fillo da exipcia Scota), considerado o creador das linguas gaélicas. Segundo esa lenda, os gaélicos viaxaron durante centos de anos, atravesaronn Exipto, Creta, Escita, o Mar Caspio e o Norte de África, antes de chegaren á Península Ibérica, onde o seu rei, Breogán, fundou Brigantia no Noroeste da Península.
Dise entón que os gaélicos navegaron á illa de Irlanda desde Galiza como milesianos, fillos de Míl Espáine. Levan a cabo unha batalla de feiticería contra os Tuatha Dé Danann, os semideuses que habitaban Irlanda naquel momento. Ériu, unha deusa da terra, prometeu aos gaels que a illa sería deles sempre que lle rendan homenaxe. Concordan, e o seu bardo e druída Amergin recita un encantamento coñecido como "Canción de Amergin". Os dous grupos acordan dividir Irlanda entre eles: os gaels ocuparán o mundo exterior mentres que os Tuatha ocuparán o Outro mundo.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.