filme de 2019 dirixido por Bong Joon-ho From Wikipedia, the free encyclopedia
Gisaengchung (en coreano: 기생충), distribuído en Galicia co título en castelán Parásitos,[8][9] é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.
Gisaengchung | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 기생충 |
Director | Bong Joon-ho |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Historia de Bong Joon-ho[1] |
Intérpretes |
|
Música | Jung Jae-il[1] |
Fotografía | Hong Kyung-pyo[3] |
Montaxe | Yang Jin-mo |
Estudio | Barunson E&A[1] |
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 21 de maio de 2019 30 de maio de 2019 |
Duración | 132 minutos[4][5] |
Orixe | Corea do Sur[1][4] |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 11 millóns de dólares[6] |
Recadación | 167,6 millóns de dólares[7] |
Na rede | |
https://www.parasite-movie.com, https://www.madmanfilms.com.au/parasite e https://www.parasitemovie.co.uk | |
|
Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década.[10][11] Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.[12]
Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.