Filme de 1990 dirixido por Jerry Zucker From Wikipedia, the free encyclopedia
Ghost é un filme estadounidense de drama romántico dirixido por Jerry Zucker que se estreou en 1990.[2] Está protagonizado por Patrick Swayze, Demi Moore, Tony Goldwyn e Whoopi Goldberg. Foi escrito por Bruce Joel Rubin e o argumento céntrase na historia dunha moza nova (Moore), a pantasma do seu amante asasinado (Swayze) e unha mentalista (Goldberg).
Ghost | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ghost |
Director | Jerry Zucker |
Produtor | Lisa Weinstein |
Guión | Bruce Joel Rubin |
Intérpretes | Patrick Swayze Demi Moore Whoopi Goldberg Tony Goldwyn |
Música | Maurice Jarre |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Walter Murch |
Distribuidora | Paramount Pictures[1] |
Estrea | 13 de xullo de 1990 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, romántico |
Orzamento | $22 000 000 |
Recadación | $505 700 000 |
Na rede | |
O filme foi un grande éxito comercial, recadando máis de $505,7 millóns sobre un orzamento de $22 millóns.[3] Foi o meirande éxito cinematográfico de 1990.[4]
Foi nomeado a cinco Premios Óscar na 63ª edición dos premios, incluíndo mellor filme, mellor banda sonora e mellor montaxe. Gañou os premios de mellor actriz secundaria para Goldberg e mellor guión orixinal. Swayze e Moore recibiron nomeamentos ós Globos de Ouro polas súas interpretacións, e Goldberg gañou un BAFTA, un Globo de Ouro, e un Premio Saturn ademais do Óscar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.