![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/GentianaAcaulisRannoch.jpg/640px-GentianaAcaulisRannoch.jpg&w=640&q=50)
Gentiana acaulis
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gentiana acaulis é unha especie de planta da familia Gentianaceae, nativa do centro e sur de Europa, desde o leste da Península Ibérica aos Balcáns, e que medra especialmente nas rexións montañosas, tales como os Alpes, Cévennes e os Pireneos, en alturas de entre 800 e 3000 metros.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Gentiana_acaulis_L_ag1.jpg/640px-Gentiana_acaulis_L_ag1.jpg)
Gentiana acaulis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gentiana acaulis' L. |
É unha planta perenne, que medra en solos ácidos, chegando a entre 5 e 20 cm de altura, excepcionalmente 25[1] e 10 cm ou máis de largo. As follas son verdes, de entre 2 e 3.5 cm de longo, nunha roseta basal, formando grupos. As flores teñen forma de corola tubulosa de cor azul con manchas lonxitudinais verde oliva. Medran nun pedúnculo, moi curto, de 3–6 cm de longo. A flor do talo con frecuencia carece de follas, ou como moito presenta 1 ou 2 pares de follas. Florece a fiinais da primavera e no verán.