Linguas goidélicas
unha das dúas familias de linguas célticas insulares / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig). Estas linguas comprenden:
- o irlandés (así como o antigo irlandés)
- o escocés
- o manx
Entre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.
Tamén pode aparecer a palabra gaélico para referirise ao grupo de linguas celtas que teñen como trazo distintivo o feito de non teren pasado a labiovelar herdada do indoeuropeo a /p/: tamén se poden denominar linguas goidélicas ou linguas celtas Q. Serían o irlandés, o gaélico escocés e o manx. As outras linguas conforman o linguas celtas P ou britónicas.
O caso do shelta está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.