Os gautas foron un pobo de orixe xermánica que habitou o sur de Suecia. Famosos por un dos seus reis lendarios: Beowulf, protagonista do poema anglosaxón homónimo.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O nome en galego deriva do geatas do inglés antigo (gautar, nórdico; götar ou gøtar, en sueco). Están asociados coa rexión de Götaland (terra dos gautas) na Suecia moderna.
A propósito da tradución do poema épico Beowulf, os gautas foron confundidos en varias ocasións cos xutos de Dinamarca. Se ben no mesmo poema si fai diferenza entre os xutos aos que Beowulf vai axudar na primeira parte, e os gautas. Deste último pobo era orixinario o heroe e aparece como o seu rei na segunda parte do poema, cando se enfronta a un dragón.
A parofonía entre gautas, godos (gutans, gotts) e xutos (juths, jyts) e a contigüidade dos primeiros territorios que estas etnias habitaron na rexión escandinava, así como a filoloxía das súas linguas sinalan unha evidente proximidade e unha case segura común orixe previa ás grandes migracións ocorridas entre os séculos III e V.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.