Gato siamés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O gato siamés (en tailandés: แมวสยาม) é unha raza de gato orixinaria de Tailandia (antigamente coñecida como Siam). Caracterízase por ter un corpo elegante e esvelto e unha testa marcadamente triangular.[1] Pode ser confundido coa raza de gatos tai, que ten orixe na raza siamesa mais presenta unha morfoloxía ben distinta. Son aconsellables para familias, e non precisa moitos coidados do seu pelo.