![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Gastrotrich.jpg/640px-Gastrotrich.jpg&w=640&q=50)
Gastrótricos
filo de animais pseudocelomados / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os gastrótricos[1] (Gastrotricha, do grego γαστήρ gastér, "estómago", e θρίξ, τριχός thríx, trichós, pelo), así chamados por teren unha ringleira, ao longo da cara ventral do corpo, de cilios vibrátiles, simple ou dobre, de función locomotora, é un filo de animais pseudocelomados de pequenas dimensións (os maiores apenas alcanzan os 4 mm).
Máis información Clasificación científica, Ordes ...
Gastrótricos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
|
Pechar
Viven en ambientes acuáticos, mariños ou dulciacuícolas, en intersticios dos sedimentos, onde se se alimentan de materia orgánica, sobre todo de bacterias, fungos e protozoos, sendo, por outra parte, pasto de anélidos, nematodos e artrópodos.
Coñécense entre 400 [2] e 450 especies,[3] aínda que algún autores elevan o número de especies descritas a 790.[4]