O Gasherbrum II (tamén chamado K4), con 8.035 metros é a décimo terceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.

Gasherbrum II.

A ruta normal de escala é a través da aresta suroeste, xa que está relativamente libre de perigos obxectivos, como o xeo e os aludes. Unha expedición típica tarda unhas 7 ou 8 semanas e os permisos de escalada roldan os 7.500 dólares, para cinco alpinistas.

O Gasherbrum II foi escalado por primeira vez o 8 de xullo de 1956 por Fritz Moravec, Josef Larch e Hans Willenpart, dunha expedición austríaca.

Situación

O Gasherbrum II está situado na fronteira entre Paquistán e a China, coas coordenadas 35º 45' 31" N e 76º 39' 10" E. Forma parte do macizo do Gasherbrum, á súa vez integrado no cordal do Karakorum, que é un ramal occidental do Himalaia. Todo ese macizo dos Gasherbrum forman a cabeceira do glaciar de Baltoro, moi próximo ao K2, polo que compartiran as primeiras exploracións da zona.

Denominacións

O nome Gasherbrum procede do balto rgasha brum que significa "montaña fermosa". Nos primeiros recoñecementos topográficos do Karakorum foi bautizado como K4 (é dicir como cuarto pico do Karakorum).

Ascensos

O 7 de xullo de 1956, ás once e media da mañá os austríacos Sepp Larch, Fritz Moravec e Hans Willempart pisaron o cume do Gasherbrum II. Formaban parte dunha expedición patrocinada pola Sociedade Austríaca do Himalaia. Utilizaron na súa escalada a ladeira do suroeste.

En 1980, os cataláns Pere Aymerich e Enric Font, en colaboración cunha cordada xaponesa, coroaron a cima da montaña.

No 2000 o guipuscoano Félix Iñurrategui chegou ao cume do Gasherbrum II.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.