A Garda Civil[1], popularmente coñecida como A Benemérita[2], é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.
Garda Civil | |
---|---|
Tipo | xendarmaría e policía |
Campo de traballo | xendarmaría, policía e forzas armadas |
Data de fundación | 18 de maio de 1844 e 1844 |
Fundador(es) | Francisco Javier Girón |
Presidente/a | Félix Vicente Azón Vilas (-) |
Organización matriz | Ministerio do Interior |
Organización subsidiaria | Civil Guard (Philippines) |
Premios | Cruz Laureada de São Fernando, Garabata da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort |
Sede | Calle de Guzmán el Bueno, Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.guardiacivil.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Emblemas e signos distintivos
Uniformidade
A cor característica do uniforme é o verde, dende a reforma da uniformidade realizada no ano 1943. Anteriormente, dende a época fundacional, a cor tradicional foi o azul. O elemento da uniformidade que caracterizou á Garda civil é o tricorne, malia que actualmente, ademais deste, úsanse outras pezas de cabeza: teresianas e boinas.
Casas cuartel
Os acuartelamentos da Garda civil dispoñen, na meirande parte dos casos, de vivendas para os membros do Corpo e as súas familias. De aí a súa denominación de Casa cuartel, cuxa razón de ser é a dispoñibilidade inmediata dos Gardas ante as necesidades da sociedade que requiran da súa presenza con prontitude.
Na entrada das Casas cuartel atópase a "tablilla", gravada ou inscrita na parede, coa lenda "Casa cuartel da Garda civil". Posteriormente, incluíuse o lema "Todo por la Patria", ó ser un corpo militar.
Lema
O lema da Garda civil é "A honra é a miña Divisa", extraído do Artigo 1º do Regulamento para o Servizo escrito polo seu fundador, que di literalmente: "A honra é a principal Divisa da Garda civil. Debe, por tanto, conservarse sen tacha. Unha vez perdido, non se recobra xamais", e que reflicte o espírito que rexe ó Instituto e a calidade máis valorada por este. Outra característica particular deste corpo, é que os cuarteis poden ser tamén vivendas das familias dalgúns dos seus compoñentes: as casas cuartel. Na entrada das mesmas hai un cartel no que está escrito: "Todo por la Patria".
Padroado
O 8 de febreiro de 1913, a Virxe do Pilar foi declarada mediante Real Decreto a súa excelsa patroa.
Alcume
A denominación "Benemérita" acadou a oficialidade cando se lle outorgou, por Real Decreto do 4 de outubro de 1929, a 'Gran Cruz da Beneficencia'.
Dependencias
Ten unha dobre dependencia:
- Do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios.
- Do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar, así como en «Estado de Sitio» e en «tempo de guerra».
Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativos ao Resgardo Fiscal do Estado.
Especialidades
A fin de dar o maior servizo posible á sociedade, a Garda civil, ó longo da súa historia, foi creando diversas especialidades que cubrisen dun xeito máis eficaz as competencias asignadas:
- Unidades Operativas
- Seguridade Cidadá: Patrullas policiais en demarcacións territoriais.
- Servizo Aéreo
- Servizo Marítimo
- Unidade Especial de Intervención (UEI)
- Grupo de Acción Rápida (GAR)
- Servizo de Información (SIGC)
- Unidade de Actividades Subacuáticas (UAS). Integradas dende 1997 no Servizo Marítimo
- Servizo de Protección á Natureza (SeProNa)
- Agrupación de Reserva e Seguridade (ARS), no que se inclúen o Escuadrón de Cabalería e a Unidade de Recoñecemento de Subsolo (URS), ademais dunha compañía de Operacións Internacionais.
- Grupos de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM)
- Policía Xudicial, con grupos especializados dependendo do tipo de delito ou vítima, como o de Protección da muller e o menor (EMUME) ou o Equipo de investigación de delitos telemáticos (EDITE)
- Agrupación de Tráfico. Tamén con diferentes subespecialidades: motoristas, equipos de atestados e investigación de accidentes, operadores de radar ou investigación doutros delitos relacionados co automóbil.
- Intervención de Armas
- Servizo Cinolóxico e Remonta
- Servizo de Asuntos Internos
- Servizo de Desactivación de Explosivos (SEDEX)
- Servizo Fiscal
- PAFITE (Patrullas Fiscais Territoriais)
- Servizo de Protección e Seguridade (SEPROSE)
- Unidades de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC)
- Casa Real
- Unidades de Apoio
- Automobilismo
- GATI: Grupo de Apoio en Tecnoloxías da Información
- Armamento
- Unidade de Música da Dirección Xeral
Himno
- Instituto, gloria a Ti,
- por tu honor quiero vivir.
- Viva España, Viva el Rey,
- Viva el Orden y la Ley,
- Viva honrada la Guardia Civil.
- Benemérito Instituto,
- Guarda fiel de España entera,
- que llevas en tu Bandera
- el Lema de Paz y Honor.
- Por glorificar el nombre,
- que el Gran Ahumada te diera,
- con tu sangre noble y fiera,
- has bordado tu blasón.
- Vigor, firmeza y constancia,
- valor en pos de la gloria,
- amor, lealtad y arrogancia,
- ideales tuyos son.
- Por Ti cultivan la tierra,
- la Patria goza de calma,
- por tu conducta en la guerra,
- brilla airoso tu Pendón.
- Instituto, gloria a Ti,
- por tu honor quiero vivir.
- Viva España, Viva el Rey,
- Viva el Orden y la Ley,
- Viva honrada la Guardia Civil.
Galería de imaxes
- Cabalería da Garda civil.
- Dous garda civís saudando á bandeira na Escola Naval Militar de Marín.
- Grupo Rural de Seguridade (G.R.S.) da Garda civil.
- Garda civís desfilando xunto con axente da Gendarmerie de intercambio.
- Motoristas da Garda civil de tráfico.
- Nunha manifestación no Carballiño.
- CN-235 no aeroporto de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.