![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Hotel%252C_beach%252C_and_shipwreck_south_of_R257_at_Bunbeg_-_geograph.org.uk_-_1159653.jpg/640px-Hotel%252C_beach%252C_and_shipwreck_south_of_R257_at_Bunbeg_-_geograph.org.uk_-_1159653.jpg&w=640&q=50)
Gaoth Dobhair
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gaoth Dobhair[1] (en inglés: Gweedore), é unha parroquia gaélicofalante que se atopa na costa atlántica do condado de Donegal, en Irlanda. Gaoth Dobhair esténdese uns 25 km dende a localidade de Mín an Chladaigh ao norte até Croithlí no sur, e uns 14 km dende Dún Lúiche no leste até Machaire Chlochair no oeste. Trátase dunha das zonas rurais máis densamente poboadas de todo Europa.[2][3]
Gweedore (en) Gaoth Dobhair (ga) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Ulster | |||
Condados | Condado de Donegal ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.065 (2002) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 32 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 074 95 ![]() | |||
Páxina web | gaothdobhair.ie ![]() |
Tamén é a meirande parroquia gaélicofalante de todo Irlanda, cunha poboación de 4.065 persoas (2002),[4] e acolle os estudios rexionais do servizo de radio RTÉ Raidió na Gaeltachta no noroeste, así como tamén un campus externo da Universidade Nacional de Irlanda en Galway.[5] Gaoth Dobhair atópase preto do punto máis elevado de Donegal, o monte Errigal,[6] e inclúe as localidades de An Bun Beag, Doire Beag, Dún Lúiche, Croithlí e Bun an Leaca.[7]
Gaoth Dobhair é principalmente coñecido por ser o berce da cultura de Irlanda,[8] mantedor dos antigos costumes irlandeses, a música tradicional, o teatro, os deportes gaélicos e a lingua irlandesa como eixe fundamental da vida da poboación local. Por todo isto, xunto coas súas paisaxes e praias, Gaoth Dobhair converteuse nun destino turístico moi popular, sobre todo entre os visitantes de Irlanda do Norte.[9] Gaoth Dobhair e os distritos veciños de Cloch Cheann Fhaola e Na Rosa son coñecidos popularmente como "as tres parroquias", xa que forman unha rexión social e cultural de seu dentro do condado, sendo Gaoth Dobhair o seu epicentro industrial e de servizos.[10]