Gametoxénese
From Wikipedia, the free encyclopedia
A gametoxénese é un proceso biolóxico por medio do cal células precursoras diploides ou haploides experimentan a división celular e a diferenciación para formar gametos haploides maduros. Dependendo de como sexa o ciclo biolóxico do organismo, a gametoxénese pode ocorrer por división meiótica de gametocitos diploides na que se orixinan varios gametos, ou por mitose. Por exemplo, as plantas producen gametos por mitose en individuos gametófitos haploides. O gametófito fórmase a partir de esporas haploides orixinadas nunha meioses espórica. A existencia dunha fase haploide multicelular no ciclo vital entre a meiose e a gametoxénese tamén se denomina alternancia de xeracións.
Non confundir con Gametocitoxénese.