From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos Galotiinos (Gallotiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, unha das dúas en que se subdivide a familia dos lacértidos.
Galotiinos Gallotiinae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gallotia galloti, macho (arriba) e femia, no Teide, Tenerife | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||
|
As súas especies distribúense polas illas Canarias, a Península Ibérica e os tres estados do noroeste de África: Marrocos, Alxeria e Tunisia.
A subfamilia foi descrita en 1984 polos zoólogos españois Jesús Cano Pérez, Marcos Báez, Luis Felipe López-Jurado e Gloria Ortega.[1]
O nome científico Gallotiinae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Gallotia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias dos animais.
A subfamilia comprende unicamente dous xéneros, con 14 especies:[2]
Subfamilia Gallotiinae Cano, Baez, López-Jurado & Ortega, 1984
Ademais, describíronse algúns taxons fósiles como, por exemplo, Janosikia ulmensis do mioceno inferior de Alemaña, e Pseudeumeces cadurcensis do oligoceno.[6]
Os galotiinos son en xeral similares ás especies da outra subfamilia dos lacértidos, a dos lacertinos. Chaman a atención as especies case extintas e recentemente redescubertas nas illas de Gran Canaria, Tenerife, La Gomera e El Hierro, que poden medir medio metro ou incluso 75 cm de lonxitude (xigantismo insular). Os galotiinos difieren principalmente dos lacertinos pola súa capacidade para emitiren sons, e por posuíren espiñas suaves na zona de división dos dous hemipenes, que desta maneira non están enganchados.[Cómpre referencia]
En Galicia viven días especies do xénero Psammodromus:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.