Galiñola pequena
From Wikipedia, the free encyclopedia
A galiñola pequena[2] ou poliña bastarda[3] (Porzana parva) é unha especie de ave gruiforme da familia dos rálidos propia de Eurasia e África. Non se debe confundir con Porzana pusilla. Habita en zonas húmidas que teñan xunqueiras, especialmente nos que os xuncos se mesturan con Typha latifolia e teñan canles. É moi difícil de ver, e é máis fácil escoitar as súas chamadas.[4] Non se recoñecen subespecies.[5]
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Galiñola pequena | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia adulta. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Porzana parva (Scopoli, 1769) | |||||||||||||||
Distribución de Porzana parva
Área de cría. Área de migración. Área de invernada. Aves errantes (estacionalidade incerta). | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Zapornia parva |
Pechar