From Wikipedia, the free encyclopedia
A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.
Galería Uffizi | |
---|---|
Vista da Galería Uffizi. | |
País | Italia |
Cidade | Florencia |
Director | Antonio Natali |
Construción | 1560- 1581 |
Inauguración | 1765 (ao público como museo) |
Superficie | 17.000 m² aprox. |
Na rede | |
https://www.uffizi.it | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A construción do palacio Uffizi comezou en 1560 por Giorgio Vasari debido ao encargo de Cosme I de Médicis para que servisen de oficinas ás maxistraturas florentinas, unha vez que quedou pequeno o Palazzo Vecchio. (De aí o seu nome de Palacio ou Galería dos Oficios). As obras remataron en 1581. Durante anos, partes do palacio serviron para almacenar as pezas de arte da magnífica colección da familia Médicis.
Chegado o declive dos Médicis, as obras de arte permaneceron en Florencia, sendo o embrión duns dos primeiros museos modernos do mundo. A galería era aberta aos visitantes que o solicitaban durante o século XVI e en 1765 abriu oficialmente ao público como museo.
Por mor da magnitude da colección, algunhas obras foron traspasadas a outros museos florentinos, como as esculturas ao Museo Bargello. As limitacións do edificio en canto a superficie de exposición aínda seguen, aínda que se proxectou a súa ampliación, que pasou de 6.000 m² a case 17.000 m² en 2006 e 30.000 m² cando remate a proposta de ampliación. Esta remodelación permitirá ao público gozar dos enormes fondos do museo, case descoñecidos.
En 1993, un coche bomba estoupou en Via dei Georgofili, matando a cinco persoas e producindo graves danos ao palacio. A parte máis afectada foi a Sala de Níobe de esculturas clásicas e cuxa decoración neoclásica tivo que ser restaurada. A causa do atentado non foi esclarecida, aínda que se sospeitaba que a Mafia podería ser a responsable.
A Galería Uffizi é unha das atraccións turísticas máis visitadas de Florencia. En tempada alta (en especial en xullo), as esperas poden chegar a ser de ata cinco horas.
A colección de arte dos Uffizi é moi ampla, existindo obras non expostas por falta de espazo. A exposición distribúese ao longo de dous andares do palacio, ordenada cronoloxicamente, comezando o seu percorrido polo segundo andar.
As salas da Galería Uffizi son as seguintes:
Accédese a través da Escaleira de Buontalenti:
Na ala dereita do edificio, con entrada por vía Lambertesca, atópase exposta a extraordinaria colección Contini Bonacossi, reunida a comezos do século XX e doada á Galería Uffizi nos anos 90, representando así unha ampliación considerable dos fondos do museo. Da colección forma mobiliario, cerámica antiga, terracotas de Luca Della Robbia e sobre todo unha moi notable serie de obras de escultura e pintura, en especial toscana, entre as que destacan:
Esta sala da planta baixa á dereita é empregada pola asociación Amici degli Uffizi, que organiza periodicamente exposicións temporais de balde sobre diversos temas, con obras obxecto de depósito. As derradeiras exposicións realizadas nesta sala estiveron adicadas ao erotismo e aos autorretratos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Galería Uffizi |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.