Gainesville, Florida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gainesville é a sede de condado e cidade máis grande do Condado de Alachua (Florida), e ademais a cidade principal da área metropolitana de Gainesville. A súa poboación no censo estimado dos Estados Unidos de 2013 era de 127.488 persoas[1][2], cun crecemento de poboación dun 2,4% desde 2010. É a cidade máis grande da rexión de North Central Florida. Ademais, tamén é parte da área estatística de Gainesville-Lake City, que tiña unha poboación en 2013 de 337.925 habitantes.
Gainesville (en) | |||||
Nomeado en referencia a | Edmund P. Gaines (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Alachua (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 141.085 (2020) (858,03 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 51.180 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Gainesville metropolitan area (en) (Poboación:339.247) | ||||
Superficie | 164,428812 km² | ||||
Auga | 1,743 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 54 m | ||||
Creación | 1853 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Harvey Ward (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 352 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Kfar Saba (pt) Rzeszów Deir Alla (pt) Jacmel (pt) Matagalpa (pt) Tegucigalpa Mejdlaya (en) Novorossiisk (1988–) | ||||
Páxina web | gainesvillefl.gov | ||||
Gainesville é sede da Universidade de Florida (o oitavo campus universitario máis grande dos Estados Unidos segundo o número de estudantes), así como do Santa Fe College. A área metropolitana de Gainesville foi elixida como o mellor lugar para vivir en Norte América na edición de 2007 de Cities Ranked and Rated[3]. Tamén en 2007, Gainesville was elixido como un dos "mellores lugares para vivir e xogar" dos Estados Unidos, segundo a National Geographic Adventure[4]. Porén, Gainesville tamén foi elixida por dúas veces como "a quinta peor cidade" dos Estados Unidos pola National Coalition for the Homeless: a primeira, en 2004 pola súa criminalización dos sen teito[5]; e, a segunda, en 2009 polas súas ordenanzas municipais sobre os comedores públicos que limitaron o número de comidas diarias ofrecidas a 130[6][nota 1].
A cidade foi fundada en 1854 e foi incorporada aos Estados Unidos o 14 de abril de 1869.
Gainesville tamén é coñecida popularmente polos nomes de Gatorville, G-Ville, Gainesvegas, Hogtown e GNV.
O lema da cidade é "Every path starts with passion" (todo camiño da comezo con paixón).