![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/73/Gaia%25E2%2580%2599s_first_sky_map_ESA365175.png/640px-Gaia%25E2%2580%2599s_first_sky_map_ESA365175.png&w=640&q=50)
Gaia (sonda espacial)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gaia é un observatorio espacial da ESA, lanzado no 2013 e con esperanza de funcionamento ata 2022. Está deseñado para a astrometría: medición das posicións, distancias e movementos das estrelas cunha precisión sen precedentes.[7] En setembro de 2016 foi liberado un primeiro conxunto de datos. En abril de 2018 foi liberado un segundo conxunto de datos, con máis de 1700 millóns de estrelas referenciados,[8][9] despois de dous anos de observacións e case catro de procesamento de datos por partre dun equipo de 450 persoas. O catálago fixo necesario facer un seguimento do satélite cunha precisión maior que 20 milisegundos de arco.[10]
Gaia | |
---|---|
![]() Primeira imaxe completa do ceo creada cos datos de Gaia. | |
Tipo | Observatorio astronómico |
Organización | ESA |
Data de lanzamento | 19 de decembro de 2013, 9:12 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz ST-B[1][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[1][6] |
Obxectivo da misión | Astrometría e fotometría.[1][6] |
NSSDC ID | 2013-074A |
Masa | 2030 kg[1] |
No 2019 notifícase que está a estudar a colisión entre a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda[11] (M31, prevista para dentro duns 4500 millóns de anos), e desta e a galaxia do Triángulo (M33) dentro do programa de construción dun mapa tridimensional do ceo e cos datos liberados nun segundo conxunto (en 2018). Asemade, Os seus datos dan conta de fenómenos como o alabeo do disco galáctico.[12]
Os seus datos combínanse cos datos do Telescopio Espacial Hubble e o Very Long Baseline Array (VLBA), conxunto de radiotelescopios terrestres.
Gaia foi planificado para unha misión de cinco anos, a rematar a mediados de 2019, mais a ESA aprobou en 2018 unha extensión da misión ata finais de 2020.[9]
En xuño de 2023 publicouse un catálogo estelar con datos duns 2000 millóns de estrelas. Os seus aparellos podían detectar o grosor dun cabelo a 1000 km de distancia.[13] En outubro, tivo lugar a xuntanza plenaria da Unidade de Coordinación 8 na Coruña (na que participaron Minia Manteiga e Carlos Dafonte polo CITIC da UC) para preparar o novo catálogo de 2500 millóns de estrelas.[14]