GNU GRUB
xestor de arrinque / From Wikipedia, the free encyclopedia
GNU GRUB (xestor de arrinque unificado ou GRand Unified Bootloader en inglés) é un programa de arrinque para computadoras. Sitúase despois das secuencias de post e antes do sistema operativo en si, xa que o seu traballo é precisamente xestionar a carga do sistema operativo na memoria. Cando o ordenador acolle varios sistemas (iso é chamado sistema dual, ou multiarrinque), permite que o usuario escolla entre os diferentes kernels dispoñibles.
GRUB é un software libre. Permite a inicialización de sistemas GNU/Linux , Windows, BSD ou Solaris polo que é moi utilizado en casos de multiarrinque. GRUB é configurable dende a súa propia interface mediante comandos nun arquivo de configuración, tendo o usuario acceso a personalizar o arrinque da computadora en múltiples parámetros.
Grub debe ser capaz de recoñecer todos os sistemas de arquivos que poden chegar a ser necesarios para facer o boot. É por esta razón moito máis voluminoso que LILO, o bootloader clásico de sistemas GNU Linux, que só recoñece sistemas de arquivos ext nativos de Linux.[1]