![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Funafuti_township.jpg/640px-Funafuti_township.jpg&w=640&q=50)
Funafuti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu.[1][2] Ten unha poboación de 6.025 persoas,[3] polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Tuvalu ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.025 (2012) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2,4 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | TV-FUN ![]() | ||||
IUGS Geological Heritage Site (en) ![]() | |||||
Data | outubro de 2022 | ||||
Identificador | SITE 006 | ||||
Pechar
Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.
Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.
O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.
O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.