Fucoxantina
Pigmento carotenoide. / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fucoxantina (/ks/) é unha xantofila ou pigmento carotenoide amarelo, cuxa fórmula é C42H58O6. Atópase como pigmento accesorio nos cloroplastos das algas pardas e da maioría dos restantes heterocontas, dándolles a súa cor castaña ou verde oliveira. A fucoxantina absorbe a luz principalmente na parte do espectro visible que vai do azul-verde ao amarelo-verde, tendo un pico arredor dos 510-525 nm e absorbendo significativamente no rango dos 450 a 540 nm.
Fucoxantina | |
---|---|
Ácido acético [(1S,3R)-3-hidroxi-4-[(3E,5E,7E,9E,11E,13E,15E)-18-[(1S,4S,6R)-4-hidroxi-2,2,6-trimetil-7-oxabiciclo[4.1.0]heptan-1-il]-3,7,12,16-tetrametil-17-oxooctadeca-1,3,5,7,9,11,13,15-octaenilideno]-3,5,5-trimetilciclohexil] éster | |
Identificadores | |
Número CAS | 3351-86-8 |
PubChem | 5281239 |
ChemSpider | 21864745 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C42H58O6 |
Masa molar | 658,91 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Algúns estudos metabólicos e nutricionais levados a cabo en ratas e ratos na Universidade de Hokkaido indican que a fucoxantina promove a queima de graxa dentro das células do tecido adiposo, polo incremento da expresión da proteína de desacoplamento UCP1 ou termoxenina. [1]
Proponse polo tanto como produto contra a obesidade[2]. Hai asemade un estudo publicado con fucoxantina sobre humanos, con método dobre-cego e placebo controlado.[3]
Non é un estimulante, ao contrario doutros compostos ás veces propostos contra a obesidade, como a efedrina ou a ioimbina[4]
Tamén se propón como indutor da apoptose (morte celular) na loita contra o cancro[5][6] por acción prooxidante[7].