Fronte Sandinista de Liberación Nacional
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) é un partido político de esquerda creado en 1961 en Nicaragua por Carlos Fonseca Amador, Santos López, Tomás Borge, Germán Pomares Ordóñez e Silvio Mayorga. Proclamouse seguidor do movemento emprendido polo líder nicaraguano Augusto C. Sandino, do que tomou o nome de sandinista –os seus membros tamén son coñecidos como sandinistas–, o cal sostivo unha guerra de guerrillas contra a intervención estadounidense en Nicaragua durante os anos de 1927-1933.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2017) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Fronte Sandinista de Liberación Nacional | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Daniel Ortega Saavedra |
Historia | |
Fundación | 1961 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Sandinismo Socialdemocracia Socialismo cristiano Nacionalismo de izquierda Humanismo socialista Socialismo del siglo XXI |
Posición política | Izquierda |
Representación | |
Grupo Parlacen | Izquierda Parlamentaria |
Diputados | 71 / 92 |
Parlacen | 15 / 20 |
Outros datos | |
Sede | Managua, Nicaragua |
Na rede | |
lavozdelsandinismo.com | |
O FSLN naceu orixinalmente como Fronte de Liberación Nacional, FLN –imitando á fronte de Liberación de Alxeria que emerxeu da loita anticolonialista desa nación africana –impulsado polo exemplo da Revolución Cubana, aínda que os seus principais integrantes, excepto Santos López, identificáronse rapidamente cunha liña ideolóxica marxista leninista, corrente que se impoñía nos movementos de esquerda do mundo naquel momento.
En 1979, tras unha longa loita sostida contra o Estado, a Fronte Sandinista logrou derrocar á ditadura de Anastasio Somoza Debayle e á dinastía da familia Somoza, que gobernara o país durante décadas. Estableceuse un goberno revolucionario e os sandinistas gobernaron entre 1979 e 1990. Durante o goberno do FSLN estableceuse unha política de alfabetización masiva e melloráronse os servizos públicos, como a sanidade, á vez que se promoveu a igualdade de xénero. Dende 1981, o goberno sandinista tivo que facer fronte á Contra –de contrarrevolucionarios–, milicia financiada e adestrada pola CIA de Estados Unidos co fin de derrocar ao FSLN. En 1984, celebráronse eleccións libres, verificadas por observadores internacionais, nas que o FSLN obtivo a maioría absoluta –67% de votos–, aínda que foron boicoteadas por varios partidos da oposición. Tras a reforma constitucional de 1987 e a loita contra a Contra, que durou até 1989, os sandinistas perderon as eleccións de 1990, pero mantivéronse como segunda forza.
O partido segue sendo un dos principais de Nicaragua. Tras dezaseis anos na oposición, o FSLN volveu obter a vitoria nas eleccións do ano 2006, vitoria que revalidaría cunha folgada maioría absoluta nas eleccións de 2011. Na actualidade forma parte da Internacional Socialista, e internacionalmente identifícase coas forzas socialdemócratas, laboristas e socialistas democráticas do mundo.[1]