conde e rei de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia
Froila, conde de Galiza (en latín: Froilane Gallicie comite), tamén coñecido como Froila Vermúdez[1] ou Froila Xemúndiz,[2] nado contra 845 e finado probabelmente en 866, foi un nobre galego que se proclamou rei de Galiza nese 866, destronando efemeramente a Afonso III.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 840 |
Morte | c. 866 (25/26 anos) |
Monarca do Reino de Galicia | |
866 – 866 ← Ordoño I de Oviedo – Afonso III de Oviedo → | |
Conde de Galicia | |
866 – Flacidio → | |
Outro | |
Título | Conde Rei de Galicia |
Aparece como conde de Lugo a comezos da década de 860.[2] É posíbel que estivese casado cunha filla de Ordoño I, feito que lle podería outorgar certa lexitimidade para acceder ao trono, tal como anteriormente acontecera con Silo e Nepociano.[3] Deste xeito, no ano 866, após a morte do devandito Ordoño I e a suba ao trono do seu fillo Afonso III, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galiza; atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba. Non se teñen moitas noticias do seu reinado, que, en calquera caso, foi moi breve, na segunda metade do ano, e aínda que algúns historiadores o denominan Froila II, en xeral é excluído das cronoloxías do reino de Oviedo.[4] Coñécese, así e todo, que se fixo con Carcacía (Padrón), a cal foi devolta polo propio Afonso III á diocese de Iria en xaneiro do ano seguinte, cando Froila xa finara. Rei a tódolos efectos, só o seu asasinato por parte de partidarios de Afonso permitiu ao deposto rei recuperar o trono.[2]
Algúns autores dicían que procedía da liñaxe do rei Vermudo, aínda que este dato non é considerado probábel.[5] De feito, semella que o seu apelido era na realidade Xemúndiz no canto de Vermúdez, produto este último dunha lectura errada.[2]
Predecesor: Afonso III |
Rei de Galiza 866 |
Sucesor: Afonso III |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.