Friúl-Venecia Xulia
rexión de Italia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Friúl-Venecia Xulia[1][2] (en italiano: Friuli-Venezia Giulia, en friulano: Friûl-Vignesie Julie, en alemán: Friaul-Julisch Venetien, en esloveno: Furlanija-Julijska krajina, en véneto: Friul-Venèthia Jułia) é unha das vinte rexións que compoñen Italia, sendo a súa capital Trieste. Esta composta por catro provincias: Gorizia, Pordenone, Trieste e Udine. Limita ao leste con Eslovenia, ao norte con Austria, ao oeste co Véneto e ao sur está bañada polo mar Adriático.
Friuli-Venezia Giulia (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Italia | ||||
Capital | Trieste | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.215.220 (2019) (154,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana Lingua friulana lingua eslovena lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.862,3 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático | ||||
Altitude | 206 m | ||||
Punto máis alto | Monte Coglians (pt) (2.780 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1963 | ||||
Santo padrón | Hermagoras and Fortunatus (en) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Friuli–Venezia Giulia (en) | ||||
• President of Friuli-Venezia Giulia (en) | Massimiliano Fedriga (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of Friuli-Venezia Giulia (en) Circunscrición: 4, (Escano: 49) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-36 | ||||
Código NUTS | ITH4 | ||||
Identificador ISTAT | 06 | ||||
Páxina web | regione.fvg.it |
Trátase dunha rexión autónoma con estatuto especial, formada polo Friúl (que abrangue aproximadamente o 90% do territorio, con capital histórica en Udine) e pola Venecia-Xulia, que permanece en territorio italiano dende o fin da segunda guerra mundial. Porén, aínda non se pode establecer unha fronteira precisa entre estas dúas zonas; mentres que para algún a fronteira estaría delimitada polo río Timavo (fronteiras do Friuli histórico), para outros, sobre todo habitantes da marxe esquerda do río Isonzo, a fronteira sería este último río.