From Wikipedia, the free encyclopedia
Fred Dalton Thompson, nado Freddie Dalton Thompson;[1][2] o 19 de agosto de 1942 en Sheffield (Alabama) e finado o 1 de novembro de 2015[3], foi un actor e político estadounidense do Partido Republicano, senador por Tennessee de 1994 a 2003.
Thompson aparece en gran número de telefilmes e series de televisión, frecuentemente interpretando figuras gobernamentais[4]. Ao final do seu mandato como senador, en 2002, comezou a actuar na serie da NBC Law & Order, interpretando ao fiscal do distrito de Manhattan Arthur Branch.
Thompson serviu como presidente do Comité Asesor de Seguridade Internacional (ISAB) (2006-2007) do Departamento de Estado, foi membro da Comisión de Revisión en Economía e Seguridade China-EEUU, do Council on Foreign Relations, tamén contribúe ocasionalmente co American Enterprise Institute, especializándose en seguridade nacional e intelixencia.[5]. De 2006 a 2007 foi analista político para ABC News Radio.
En maio de 2007 anunciou que se ía presentar a súa candidatura para o nomeamento republicano para as eleccións presidenciais de 2008, pero polo pouco apoio recibido nas primeiras eleccións primarias retirou a súa candidatura. En 2009 volveu a actuar como actor convidado en varias series e principiou o seu propio programa de radio, The Fred Thompson Show, en Westwood One presentado coa súa dona, Jeri; tamén protagonizou xunto con Brian Dennehy o telefilme Alleged.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.