František Plánička
futbolista checo / From Wikipedia, the free encyclopedia
František Plánička (pronuncia en checo: [ˈfraɲcɪʃɛk ˈplaːɲɪtʃka]), nado en Praga o 2 de xullo de 1904 e finado na mesma cidade o 20 de xullo de 1996, foi un porteiro de fútbol checo e un dos xogadores máis recoñecidos na historia do fútbol da antiga Checoslovaquia. Xogou durante toda a súa carreira no Slavia Praga, en que o club gañou oito veces a 1. fotbalová liga (a primeira división de fútbol do país) e a Copa Mitropa unha vez. Tamén formou parte da selección nacional do país, en que o seu éxito como porteiro novo contribuíu a que Checoslovaquia ficase subcampioa na Copa Internacional Centroeuropea de 1931-32. Foi o capitán do equipo durante as finais dos Mundiais de Italia 1934 (onde o equipo foi subcampión) e de Francia 1938.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1904 Praga, República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 20 de xullo de 1996 (92 anos) Praga, República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio de Olšany | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | El gat de Praga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Checoslovaquia República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 179 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1923 - 1938 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Checoslovaquia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1938 | Mundial de Fútbol Francia 1938 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1934 | Mundial de Fútbol Italia 1934 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plánička era un xogador valente, até o punto en que no partido de Checoslovaquia contra Brasil no Mundial de Francia 1938, ficou no campo malia sufrir unha lesión grave.[1] Tiña uns reflexos excepcionais e habilidades para bloquear os goles. Tamén se caracterizou polo seu xogo limpo, pois nunca foi amoestado nin expulsado na súa traxectoria. En 1985 a UNESCO concedeulle o Premio Internacional ao Xogo Limpo.
Considerado un dos mellores gardametas da súa xeración e de todos os tempos, en 1999 o IFFHS elixiuno como o mellor gardameta checo, así como o sexto mellor en Europa e o noveno a nivel mundial do século XX.[2] En 2003 foi declarado o mellor gardameta dunha era que incluía xogadores notábeis, como o español Ricardo Zamora e o italiano Gianpiero Combi.[3]