Fragata Francesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
French Frigate Shoals (en hawaiano Mokupapapa) son os restos dun atol medio mergullado nas illas de Sotavento de Hawai. Está situado practicamente no medio do arquipélago, a 160 km ao noroeste da illa Necker.
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Sotavento, Hawai | ||||
Situado na entidade xeográfica | Hawai | ||||
Localizado na área protexida | Refuxio Nacional de Vida Silvestre das Illas Hawaianas | ||||
Localización | |||||
División administrativa | condado de Honolulu, Estados Unidos de América | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 36 m | ||||
Superficie | 0,25 km² | ||||
O atol ten forma de media lúa de 29 km de longo. Consiste nuns arrecifes rochosos e 12 illotes de area na lagoa aberta. Destacan Tern Island, Disappearing Island, East Island, Gin Island, Little Gin Island. No medio hai un pináculo de lava de 36 metros de altitude, La Perouse Pinnacle, o único resto da orixe volcánica. A superficie total das terras emerxidas é de 0´25 km², en cambio a área dos arrecifes coralinos ocupa 938 km².
O atol ten unha gran variedade de aves e unha poboación importante de focas e tartarugas. Nos arrecifes hai unha gran diversidade de peixes e algas.
French Frigate Shoals, literalmente Baixos da Fragata Francesa, foi descuberto polo francés Jean-François de La Pérouse, o 6 de novembro do 1786. Estivo a piques de encallar as dúas fragatas da súa expedición, Broussole e Astrolabe, e bautizou o atol como Basse des Frégates Françaises, pero co tempo foi alternando o singular e o plural.
En 1859, os Estados Unidos tomaron posesión ante a posibilidade da explotación do guano, pero a French Frigate Shoals resultou impracticable.
Finalmente, en 1909 entrou a formar parte da reserva de aves das illas Hawai.
Na segunda guerra mundial os norteamericanos alargaron artificialmente Tern Island para construír unha pista de aterraxe de 1.000 metros. Utilizábase como pista de aterraxe de urxencia para os voos entre Hawai e o atol de Midway.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.