Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina ou nicotinamida adenina dinucleótido fosfato ou nicotín adenín dinucleótido fosfato, abreviado NADP+ (forma oxidada) e NADPH (forma reducida), é un coencima que intervén en numerosas vías anabólicas. É análogo do coencima similar NAD+, pero cun fosfato adicional, aínda que non exerce as mesmas funcións. Unha parte da súa molécula procede da vitamina B3.[1]
Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 53-59-8 |
PubChem | 5885 |
ChemSpider | 5674 |
MeSH | NADP |
ChEBI | CHEBI:44409 |
ChEMBL | CHEMBL213053 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C21H29N7O17P3 |
Masa molar | 744,41 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O NADPH proporciona parte do poder redutor necesario para as reaccións de redución das biosínteses, actuando como cofactor das oxidorredutases. Intervén na fase escura da fotosíntese (ciclo de Calvin), na que se fixa o dióxido de carbono (CO2) e se sintetizan azucres, aínda que se xera na fase luminosa. Nos animais a maior fonte de NADPH é a fase oxidativa da ruta da pentosa fosfato, que produce o 60% dos requirimentos da célula deste coencima.