From Wikipedia, the free encyclopedia
O anabolismo (do grego ana ‘cara a arriba’, e ballein ‘lanzar’) é o conxunto de procesos do metabolismo que teñen como resultado a síntese de compoñentes celulares a partir de precursores de baixa masa molecular, polo que tamén recibe o nome de biosíntese.[1] É unha das dúas partes en que adoita dividirse o metabolismo. Aínda que anabolismo e catabolismo son dous procesos contrarios, os dous funcionan coordinada e armonicamente, e constitúen unha unidade difícil de separar.
Consiste na síntese de moléculas orgánicas (biomoléculas) máis complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas ou inorgánicas, con requirimento de enerxía (reaccións endergónicas) e de poder redutor, ao contrario que o catabolismo. Os procesos anabólicos son procesos metabólicos de construción, nos que se obteñen moléculas grandes a partir doutras máis pequenas. Nestes procesos consómese enerxía.
Os seres vivos utilizan estas reaccións para formar, por exemplo, proteínas a partir de aminoácidos. Mediante os procesos anabólicos créanse as moléculas necesarias para formar novas células.
O anabolismo é o responsable de:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.