Forzas Armadas de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Forzas Armadas de España (FFAA ou FAS) son unha organización de carácter oficial encargada da defensa nacional de España. O mando supremo corresponde ao rei de España, Filipe VI, segundo o artigo 62 da Constitución. A ministra de Defensa é Margarita Robles (PSOE) e o xefe do Estado Maior da Defensa (habitualmente denominado como JEMAD) é o almirante xeneral Teodoro Esteban López Calderón. As Forzas Armadas son membros activos da OTAN, do Eurocorpo e dos Grupos de combate da Unión Europea.
Forzas Armadas de España | |
---|---|
Tipo | forzas armadas |
Organización subsidiaria | Joint Canary Islands Command e Armada Española |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://reclutamiento.defensa.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
De acordo co artigo 8 da Constitución Española,[1] as Forzas Armadas divídense en:
Ademais, existen dúas unidades formadas por membros dos tres exércitos: a Garda Real e a Unidade Militar de Urxencias. A Garda Civil, integrada na estrutura do Ministerio do Interior, é un Instituto Armado, un corpo de natureza militar e adscríbese funcionalmente ao Ministerio de Defensa en caso de estado de sitio ou de guerra, ademais de poder actuar como policía militar en misións no exterior.
A 1 de xaneiro de 2021 as Forzas Armadas españolas dispoñían de 133.282 efectivos militares.