filme de 2016 dirixido por Asghar Farhadi From Wikipedia, the free encyclopedia
Forušande (en persa: فروشنده) é un filme iraniano de 2016 escrito e dirixido por Asghar Farhadi. Está protagonizado por Taraneh Alidoosti e Shahab Hosseini. Conta a historia dun matrimonio de actores que interpretan a obra de Arthur Miller Death of a Salesman nun teatro, mais a muller é asaltada e atacada no seu propio fogar. O marido tenta descubrir a identidade do atacante, mentres a muller tenta lidar co estrés postraumático. Unha coprodución entre Irán e Francia, o filme foi rodado en Teherán en 2015.
Forušande | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | فروشنده |
Director | Asghar Farhadi |
Produtor | Alexandre Mallet-Guy Asghar Farhadi |
Guión | Asghar Farhadi |
Intérpretes | Shahab Hosseini Taraneh Alidoosti |
Música | Sattar Oraki |
Fotografía | Hossein Jafarian |
Montaxe | Hayedeh Safiyari |
Estudio | Memento Films Production Asghar Farhadi Production Arte France Cinéma |
Distribuidora | Filmiran (Irán) Memento Films Distribution (Francia) |
Estrea | Cannes: 21 de maio de 2016 31 de agosto de 2016 2 de novembro de 2016 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Irán[1] Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | 16,1 billóns de tománs[2] |
Na rede | |
http://www.thesalesmanfilm.com/ | |
|
Estreouse no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2016, onde conseguiu o premio de mellor guión e mellor actor para Hosseini. Forušande recibiu moi boas críticas e gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Porén, Farhadi non foi á cerimonia da 89ª edición dos premios en protesta pola Orde Executiva 13769.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.