From Wikipedia, the free encyclopedia
Son chamados forros o armiño e o vero, así como as súas variantes, contra-armiño, contravero e outras numerosas variacións do vero.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
A cibelina ou falso-armiño tamén é considerada como un forro, pero atópase sobre todo como un forrado dos mantos dos adornos do escudo. Atópase tamén nos campos cubertos de "forro ó natural".
Na orixe, o uso de forros para obter certos efectos coloreados dos brasóns parece ser unha práctica frecuente.
Así, a "cor" sable era, nun principio, un forro: era a cibelina de cor negra (en ruso sobol do cal deriva sable), pero ó final o sable terminou por ser considerado como un esmalte, a cibelina permaneceu como un forro polas súas pintas (sinónimo de "falso armiño").
A etimoloxía de goles permite pensar tamén nun forro primitivo. En heráldica, o termo de "goles" designaba a cor vermella que se di que se utilizaba nas peles dos pescozos das martas. En canto ó vero, reproducía os forros do esquío gris de Rusia co ventre branco e as costas de gris azulada.
Os forros monocromáticos desapareceron como forros heráldicos e non permanecen máis que nas composicións con motivos bicolores obtidos por sementados de pintas como o armiño ou a cibelina, ou por "parchado" como o vero.
O campo sementado por excelencia é o armiño, que é "prata sementado de pintas de armiño de sable". Este moble "pintas de armiño" non existe máis que nos forros, o que xustifica conservar o termo técnico "armiño" para describir os sementados correspondentes.
O vero e as súas diferentes variacións están formados da alternancia de "campás" e de "botes" (que son da mesma forma que as campás pero pés contra cabeza), orientadas horizontalmente sobre "tiras". Campá e bote son necesariamente dun metal e un esmalte.
O tamaño e o número das pezas e das tiras non son calquera, e por tanto este forro non pode, como o armiño, ser considerados como un "sementado", o cal supón un número indeterminado de pezas.
Dunha peza á outra, o motivo pode estar aliñado en pau. Doutra banda, a liña de base pode ser da mesma cor que a precedente, ou ó contrario, alternalos. Combinando estas posibilidades, o vero pode presentarse en catro formas.
A fantasía das ilustracións introduciu un gran número de variacións na forma das campaíñas (que ás veces non parecen moito campaíñas). Atópanse así, aínda que raramente, vero (ou verado) billeteado, acanalado, en escamas, encaixado, nubrado, ondulado (a menos rara), potenzado...Estas formas non parecen constituír unha característica determinante de identificación e parecen estar máis ligadas a modos de representación segundo os lugares e/ou as épocas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.